Limpeza e xestión de residuos

Trámites de limpeza

Lista de trámites

Limpeza de solares, locais e rúas particulares

Mediante este trámite poderá solicitar ao Concello a limpeza de solares, locais e rúas particulares

Recepción de Residuos na Planta de Transferencia de Guixar

Trámite necesario para depositar residuos (lixo asimilable aos domiciliarios) na planta de transferencia (empacadora) de Guixar.

Recollida a demanda de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos RAEE's

Método de recollida:

a) Recóllese o aparello na rúa, no portal do domicilio. Os traballadores do servizo non acceden ao domicilio en ningún caso. O solicitante debe estar presente.

b) Coa solicitude, o cidadán indica o día en que desexa que a empresa o chame para coordinar a recollida.

c) No día elixido, entre as 9 e as 13 horas, a empresa chama para confirmar os datos da recollida e o día no que se recollerá (preferiblemente o día elixido na solicitude).

d) No día acordado para a recollida, entre as 13 e as 14 horas, o equipo de recollida chama novamente para confirmar a hora da recollida (sempre pola tarde de 14 a 20 horas).

Recollida a demanda de residuos procedentes da poda domiciliaria

Método de recollida:

a) en saco de 2 metros cúbicos facilitado polo concello que o solicitante debe encher polos seus propios medios.

b) coa solicitude o cidadán indica o día en que desexa que a empresa o chame para coordinar a recollida.

c) no dia acordado a empresa leva o saco á súa casa.

d) o solicitante enche o saco e o deposita na vía pública.

e) unha vez cheo, o cidadán chama novamente ao teléfono que indica o propio saco para solicitar a retirada.

f) o saco cheo retírase da vía pública (nunca no interior da finca).

Recollida a demanda de residuos voluminosos

Para mobiliario e equipamento do fogar, madeira e chatarra.

Método de recollida:

a) Coa solicitude, o cidadán indica o día en que desexa depositar os trastos. O día confirmarase mediante correo electrónico ou chamada telefónica ao solicitante.

b) O residuo debe depositarse na rúa entre as 21:30 e as 22:30 horas do día confirmado.

c) O residuo colocarase na rúa xunto ao contedor máis próximo ao domicilio, de tal xeito que no provoque danos a terceiros nin entorpeza o paso de peóns ou vehículos.

Recollida de animais mortos

Mediante este trámite poderá solicitar ao Concello a recollida do animal morto.

Recollida de residuos de construción de obras menores domiciliarias

Mediante este trámite poderá solicitar ao Concello a recollida de residuos de construción de obras menores domiciliarias.

Recollida de residuos en Punto Limpo

O punto limpo é unha instalación para recibir residuos especiais que non poden ser depositados nos colectores da cidade, de xeito gratuíto e voluntario para as e os cidadáns empadronados no Concello de Vigo.

Solicitude / Autoliquidación de Baleirado de Pozo Negro ou Fosa Séptica

Mediante este trámite poderá solicitar ao Concello o baleirado dun pozo negro ou dunha fosa séptica.

Solicitude de Instalación ou Cambio de Ubicación de Colectores (Recollida de Lixo e/ou Reciclaxe) e Papeleiras

Comunicación ao Concello de Vigo para solicitar a instalación ou cambio de ubicación de colectores (limpeza e/ou reciclaxe) e papeleiras.

Solicitude de Recollida de Enseres

Utensilios, mobles, instrumentos de medio ou gran volume necesarios ou convintes nunha casa.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100