Maiores

Balnearios

Programa Diurno Lúdico de Balnearios 2011 (Diputación de Pontevedra - Concello de Vigo)

Co "Programa Lúdico de Balnearios" preténdese dar unha alternativa ao tempo de lecer das persoas maiores, co fin de mellorar a súa calidade de vida e a súa saúde. O programa consiste en pasar cinco tardes ou mañás sucesivas da mesma semana (de luns a venres ) nun balneario da provincia de Pontevedra ou Talaso, permitíndolles facer uso das instalacións e volvendo á súa casa no mesmo día.

Un autobús recollerá aos beneficiarios do programa no seu concello e trasladaraos ao balneario ou talaso elexido. Alí permanecerán unha media de dúas horas, disfrutando das instalacións e dos servizos contemplados no programa.

Máis información:

 

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100