Cultura e arte

Teatro Afundación

Centro Social

Teatro-Sala de Concertos

Con capacidade para 994 persoas repartidas nun patio de butacas e tres anfiteatros que ocupan a parte central do edificio.

  • Enderezo: rúa Policarpo Sanz, 13 36202 Vigo
  • Teléfonos: 986 120 078 / 986 447 369
  • Páxina web de venda de entradas: www.servinova.com

Sala de Exposicións

Situada nun lateral do edificio, acolle diferentes mostras artísticas ao longo de todo o ano.

  • Enderezo: rúa Reconquista s/n
  • Horario: De luns a venres de 17:30 a 20:30 horas.Sábados de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 horas.
  • Festivos: Pechado

Biblioteca

Situada no último andar, ten unha capacidade de 300 persoas.

  • Teléfono: 986 447 369
  • Horario: (a consultar)

Auditorio

Conta con 461 prazas. Atópase na parte traseira do edificio con entrada independente do teatro.

  • Enderezo: rúa Marqués de Valadares, s/n. 36202 Vigo

Vestíbulo

Utilízase como espacio de descanso nas representacións e concertos ou para recepcións e caterings.

Sala de conferencias

Cun aforo de 145 persoas, está dotada de medios audiovisuais.

Salón de recepciones

Con máis de 192 m2, é utilizado para eventos de diferente natureza

O Edificio:

Situado en pleno corazón da cidade de Vigo, o Teatro Afundación inaugúrase en 1984. Trátase dunha obra de recuperación de patrimonio histórico sobre o magnífico teatro García Barbón, que o arquitecto Antonio Palacios proxectara a principios do século XX. O seu estilo cualifícase de eclecticismo academicista, coas características curvas e contracurvas do arquitecto galego, que se inspirou na Ópera Garnier de París. O edificio é un dos máis emblemáticos da arquitectura histórica viguesa, destacando no exterior o excelente tratamento de cantería, executado en granito branco de Castrelos. Na disposición interior, Palacios puxo a énfase no acceso ao teatro cun amplo vestíbulo oval e unha escaleira de honra, iluminada cenitalmente a través dunha vidreira realizada pola casa Maumejean. 

Ofrecemos o aluguer dos seus espazos a entidades públicas e privadas, así como a organizacións non gobernamentais que desempeñen actividades acordes coa nosa filosofía. Os devanditos espazos dispoñibles para aluguer son: o teatro e a sala de concertos, o auditorio, a sala de conferencias, as salas de seminarios, as salas de exposicións, o salón de recepcións e a biblioteca.

 

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100