Voluntariado (OMV)

Voluntariado Cultural

O voluntariado cultural do Concello é un grupo heteroxéneo, que ten como obxectivo dinamizar a cidade a través de diversas actividades, como lecturas na rúa, rutas guiadas, lecturas nas entidades sociais, organizando diversos eventos culturais e facendo participes a todas as persoas que asistan.

Actividades

Lecturas públicas

Fanse lecturas na rúa co obxectivo de dinamizar as prazas públicas e fomentar a lectura, propiciando a participación espontánea.

Homenaxes e puntos de lectura

Organízanse homenaxes e lecturas en días sinalados, como o día do libro, o aniversario dos e das autores e autoras nos monumentos e rúas da cidade (Carme Kruckenberg no seu mural, García Lorca na súa rúa, etc) e tamén lecturas nas entidades sociais, nos Barrios, nos centros de ensino, etc.

Rutas Guiadas na cidade

Organízanse diferentes rutas guiadas de coñecemento da cidade, con mapas e información relevante das mesmas elaboradas por eles mesmos.

As rutas organízanse por barrios, co obxectivo de coñecer a historia viva da nosa cidade.

Dentro de esta iniciativa englóbasen as rutas de coñecemento do programa "Vigo cidade de cor" organizando diferentes rutas polos murais que forman este museo o aire libre, dando a coñecer o significado de cada mural e o seu artista.

Dinamización cultural

Participación en eventos culturais como "A noite branca dos museos" ou en lecturas no tren con saída Vigo cara Ourense e Pontevedra.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100