Persoas con discapacidade

Recoñecemento da discapacidade

Para poder acceder aos beneficios e recursos que os diferentes organismos proporcionan para as persoas con discapacidade é imprescindible acreditar o recoñecemento legal da cualificación do grao de discapacidade.

Obxectivo

Recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade dunha persoa.

Requisitos

Ter unha discapacidade física, psíquica ou sensorial, ou padecer unha enfermidade incapacitante ou crónica grave.

Equipo Técnico responsable do recoñecemento

Son os Equipos de Valoración e Orientación (EVOs), os que realizan as actuacións específicas na Área de Diagnóstico, Valoración e Cualificación da discapacidade. Están compostos por un médico, un psicólogo e un traballador social. A través dos EVOs acredítase o grao de discapacidade física, psíquica ou sensorial.

Os Equipos de Valoración e Orientación (EVOs) están situados nas seccións de cualificación e valoración, que en Vigo se ubican en:

Sección de Cualificación e Valoración da Discapacidade Vigo

  • Enderezo: Rúa Conde de Torrecedeira, 99-B.
  • Teléfonos: 986 294 229 / 986 294 836
  • Fax: 986 299 000

Beneficios

Segundo o grao de discapacidade, a lexislación vixente permite o acceso os seguintes beneficios:

  • Educación
  • Formación e emprego
  • Beneficios fiscais
  • Prestacións económicas
  • Prestacións sociais e sanitarias
  • Vivenda e accesibilidade
  • Outros beneficios

Cada un deles debe solicitarse ante a administración pública ou entidade competente.

Poden ser modificadas, pode informarse en Servicios Sociais ou en Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

Documentación

  • Formulario.
  • Fotocopia compulsada do D.N.I do interesado ou, no seu defecto, do libro de familia.
  • Nos casos no que a solicitude a asine unha persoa distinta do interesado, fotocopia do D.N.I do representante legal e do documento acreditativo da representación legal ou gardador do feito.
  • No caso de non ter nacionalidade española, fotocopia da tarxeta de residente.
  • Fotocopia compulsada de todos os informes médicos e psicolóxicos que posúa, que avalen a discapacidade recoñecida.
  • No caso de revisión por agravamento: fotocopia compulsada dos informes que acrediten devandito agravamento.

Lugar de presentación

  • Servizos sociais de atención primaria.
  • Delegacións provinciais da Vicepresidencia de Igualdade e Benestar.
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100