Patrimonio Histórico

Noticias de Patrimonio Histórico

Lista de noticias

Noticias

2026-05-21. O Concello converterá o barrio do Rocío nun referente europeo de arte urbana

Foto noticia
O Goberno local contratará este venres a redacción dun proxecto de máis de 4,4 millóns de euros para humanizar o ámbito e crear unha gran intervención artística de Lula Goce. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-05-15. Begoña Caamaño dará nome á nova praza do Calvario

Foto noticia
O alcalde anunciou este venres que a autora viguesa, homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026, "merece memoria eterna" polo que a praza pública que conecta a peonil do Calvario con San Roque levará o seu nome. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-30. "Vigo, cidade de cor" amplía a colección de arte urbana con 15 novos murais

Foto noticia
O Concello aprobará o vindeiro luns a licitación do contrato de produción do XII Programa de murais e outros elementos con incidencia sobre a vía pública "Vigo, cidade de cor", por un importe de 218.000 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-24. O Goberno Local aproba o proxecto de mellora da grada do campo de fútbol da Madroa

Foto noticia
Abel Caballero tamén informou da situación da prospección arqueolóxica da muralla da cidade nas rúas Laxe e Carral, sinalando que "imos protexer todos estes achados seguindo a recomendación que nos dean os arqueólogos". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-24. O Goberno municipal protexerá os restos arqueolóxicos da rúa da Laxe

Foto noticia
Abel Caballero visitou está mañá as obras que se están a realizar na zona onde a pasada semana apareceron restos arqueolóxicos da antigua muralla da cidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-22. Xornada de portas abertas nos xardíns históricos de Castrelos

Foto noticia
Este domingo, 26 de abril, con motivo do Día Europeo dos Xardíns históricos o Concello organiza unha visita guiada para dar a coñecer as características deste recinto do Pazo de Castrelos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-14. O Goberno local protexerá os restos da muralla aparecidos na rúa Laxe

Foto noticia
As catas realizadas ante a inminente humanización da rúa Laxe veñen de localizar novos restos da muralla de Vigo. Sen paralizar a obra, o Concello procederá a protexer estes achados porque "non podemos renunciar a unha parte tan importante da nosa historia". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-09. O Concello inviste 935.000 euros na humanización da rúa Laxe e na renovación dos locais de Carral

Foto noticia
Abel Caballero avanza o inicio das catas arqueolóxicas e destaca unha intervención para gañar espazo público e mellorar a imaxe destas céntricas rúas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-03-30. Bouzas contará cunha reconstrución virtual e interactiva

Foto noticia
Abel Caballero destacou que mediante este servizo o Concello de Vigo ten como obxectivo "poñer en valor o seu patrimonio arquitectónico, cultural e social a través das novas tecnoloxías". Ten un custe de 82.000 euros e esta enmarcado no Plan de Sustentabilidade Turística "Casco Histórico da Vila de Bouzas", financiado a cargo dos fondos Next Generation. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-03-27. O Concello restaurará o armazón de madeira dos canóns de O Castro

Foto noticia
Caballero deu conta esta mañá dunha nova actuación na recuperación da fortaleza de O Castro que prevé a restauración dos armazóns de madeira dos canóns. O obxectivo é devolverlle a estas pezas o seu aspecto orixinal ao tempo que se subliña o seu valor histórico. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100