Laboratorio Municipal
O Concello de Vigo , para dar cumprimento ao R.D. 3/2023, de 10 de xaneiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo , o seu control e subministro , realiza periodicamente programas de control da auga na billa do consumidor coa finalidade de asegurar que reúne as condicións idóneas para o seu consumo .
O laboratorio Municipal realiza análises da auga aos cidadáns que o soliciten, abonando previamente as taxas correspondentes . Os parámetros a ensaiar serán os abaixo indicados.
|
ANÁLISES AUGA CONSUMO |
||
|
Parámetros |
Procedemento auga tratada |
Procedemento auga non tratada |
|
Color |
PEQ/02 |
- |
|
pH |
PCQ/01 |
PCQ/01 |
|
Conductividade |
PCQ/02 |
PCQ/02 |
|
Turbidez |
PCQ/03 |
PCQ/03 |
|
Nitritos |
- |
PEQ/04 |
|
Nitratos |
- |
PEQ/07 |
|
Amonio |
PEQ/06 |
PEQ/06 |
|
Oxidabilidade ao permanganato |
- |
PEQ/08 |
|
Cloro libre residual |
PEQ/37 |
- |
|
Chumbo |
PEQ/12 |
- |
|
Bacterias coliformes |
PEM/10 |
PEM/10 |
|
Escherichia coli |
PEM/15 |
PEM/15 |
|
Reconto de colonias a 22ºC |
PEM/04 |
- |
|
Enterococos Intestinales |
- |
PEM/13 |
|
Taxas (Ordenanza Nº18 de Tributos e prezos públicos ) |
Ver folla autoliquidación |
Ver folla autoliquidación |
|
Para outros parámetros consultar cos técnicos do laboratorio . |
||
Toma e transporte das mostras: Esta oferta non inclúe a toma de mostras por parte do Laboratorio Municipal, nin o seu transporte ao mesmo, o cal correrá a cargo do cliente. O envase empregado será estéril e como mínimo dun litro de capacidade. O tempo transcorrido entre a toma de mostra e a entrega para a súa análise será o menor posible . Consultar aos técnicos do laboratorio condicións especiais de conservación.
Envío e recepción de mostras: As mostras entregaránse no Laboratorio de 9 a 13h de luns a mércores. Consultar en caso de festivos.
Envío de resultados: O plazo habitual de finalización dos análises é de 10 días laborables, dende a entrada da mostra no laboratorio. O laboratorio enviará os informes de resultados vía mail ou correo ordinario previo pago das taxas.
Lista de trámites
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100