Arquivo municipal
As dependencias do Arquivo encóntrase situadas no segundo soto da Casa do Concello, sito na céntrica Praza do Rei. Conta unha superficie total de 960 m2 e 5.700 metros lineais de estantes aproximadamente. A superficie distribúese nunha sala de recepción/sala de investigadores, unha oficina, un despacho, unha sala de usos múltiples e tres depósitos documentais.
A sala de recepción e consulta ten unhas dimensións de 40 m2 aproximadamente e conta con catro postos de lectura cos seus correspondentes computadores para a consulta da hemeroteca en soporte dixital e, nun futuro próximo, o acceso ao catálogo informático dos seus fondos.
Ademais, conta cunha mesa localizada no centro da estancia para a consulta dos documentos.
O acceso é libre e gratuíto para toda a cidadanía previa solicitude. A documentación é de acceso libre a excepción daquela afectada pola normativa legal vixente en materia de acceso, protección de datos de carácter persoal e seguridade do Estado.
O acceso está adaptado para persoas con discapacidade.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100