Proxecto:
Plans de Sustentabiliade Turística en Destino (PSTD) para entidades locais: Convocatoria extraordinaria 2023.
Convocatoria:
Lei 9/2007, de 13 de xuño de subvencións de Galicia. A presente lei ten por obxecto a regulación do réxime xurídico propio das subvencións no que o establecemento e xestión corresponde á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, organismos e demais entidades vinculadas ou dependentes da mesma, así como tamén ás entidades locais de Galicia, incluídos os organismos e entidades dependentes das mesmas.
Axente/s financiadores ou cofinanciadores
- Ministerio de Industria e Turismo, a través da Xunta de Galicia con convenio coa Axencia de Turismo de Galicia: Plans de Sustentabilidade Turística en Destinos para entidades locais: Convocatoria extraordinaria 2023.
- Política panca: V. Modernización e dixitalización do tecido industrial e da PEME, recuperación do turismo e impulso a unha España nación emprendedora.
- Compoñente: 14. Plan de modernización e competitividade do sector turístico
- Investimento: Transformación do modelo turístico cara á sustentabilidade. Inclúe varias submedidas:
- A elaboración da Estratexia de Turismo Sustentable España 2030 para marcar a folla de ruta do sector a medio prazo, impulsando o tres alicerces da sustentabilidade (medioamabiental, socioeconómica e territorial).
- A elaboración dos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino, a través dos que se financiarán actuacións transformadoras no sector turístico nos ámbitos da transición verde, da transición dixital e da competitividade turística.
- A elaboración dos Plans de Sustentabilidade Social do sector turístico. Asinaranse convenios cos axentes sociais para fiananciar actuacións en ámbitos fundamentais para a sustentabilidade socioeconómica do turismo en España.
- A creación dun Sistema de Sustentabilidade Turística Integral, para transformar o sistema de calidade Tusrística Español, capacitar profesionais do sector turístico e aos xestores públicos de destino a través do Programa Anfitrións Turismo, e crear un mecanismo de agregación de datos para a análise e seguimento do mercado de vivendas de uso turístico en toda España.
Expediente solicitude:
Núm.: 8437-104. Aprobación da participación do Concello de Vigo no programa da Convocatoria extraordinaria 2023: Plans de sustentabilidade turística en destinos para entidades locais.
Actuacións solicitadas:
Actuación: "Plan de Sustentabilidade Turística “Centro histórico da Vila de Bouzas"
- Axuda solicitada: 2.000.000,00 €
Área de Goberno xestor do proxecto:
- Área de Política Social e Turismo
Convenio:
Convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Vigo para a execución do plan de sustentabilidade turística de Vigo no Marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia; Financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU.
Subvención total concedida: 2.000.000,00 €