Cultura e arte

Arquivo fotográfico Pacheco

Casa das Artes
Enderezo: rúa Policarpo Sanz, 15. 36202 Vigo
Teléfono: 986 810 104
e-mail: ofi.museos@vigo.org / arquivopacheco@vigo.org
Horarios de consulta:
  • Luns a venres: de 11,00 a 14,00h e de 18:00 a 21:00 h.

  • Sábados: de 12,00 a 14,00h e de 18,00 a 21,00h.

  • Domingos e festivos: 12,00 a 14,00h.

Servizos:
  • Puntos de consulta de imaxes dixitalizadas.

O arquivo Pacheco representa a máis completa colección de recursos fotográficos de titularidade pública sobre a cidade de Vigo.

A colección está composta por un total de 140.000 imaxes que abarcan o período que vai dende finais do século XIX até a década dos anos 70. A variedade temática é unha das notas predominantes, constituíndo unha completa crónica da cidade.

A autoría das fotografías corresponde a varias xeracións de fotógrafos da mesma familia.

O Concello de Vigo adquiriu a colección en maio de 1991.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100