Xuventude

Noticias de Xuventude

Lista de noticias

Noticias

2026-04-24. As salas de ensaio de Vigosónico, ao máximo de uso cunha ocupación do cento por cento

Foto noticia
O alcalde visitou hoxe as instalacións de Vigosónico, o centro municipal de usos múltiples para mocidade de 10 a 35 anos, que o ano pasado acolleu as actividades e os ensaios de 1.205 usuarios. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-23. O Concello abre o período de inscrición nos campamentos de verán

Foto noticia
As familias viguesas poden solicitar desde este xoves, 23 de abril na web www.xuventudevigo.org, algunha das 4.000 prazas dos 15 campamentos que oferta o programa municipal Verán Xove 2026 que conta cun orzamento de 486.751 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-21. Vigo Dance Festival reúne esta fin de semana a máis de 1.350 afeccionados ao baile no Auditorio Mar de Vigo

Foto noticia
O alumnado de máis de 35 escolas e asociacións de Vigo participará este sábado 25 e o domingo 26 na edición de primavera de "Vigo Dance Festival". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-06. Vigosónico rexistrou máis de 10.000 entradas durante o ano 2025

Foto noticia
Este centro municipal ten por obxectivo potenciar a actividade musical ademais de buscar alternativas de ocio á mocidade. Ofrece actividades formativas e salas de ensaio, todo completamente gratuíto. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-03-04. O alcalde invita á mocidade a participar nas actividades e cursos gratuítos de "Vigosónico. Distrito Creativo"

Foto noticia
Este mes de marzo "Vigosónico. Distrito Creativo" arrinca coa oferta de primavera con actividades lúdicas e formativas para a mocidade de entre 10 e 35 anos, tras o récord de asistencias de 2025 con 10.041 participacións. O alcalde convida "a todas as persoas que queren avanzar na música a que se acheguen a Vigosónico". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-02-06. Concello e Cámara de Comercio colaboran na organización de cursos de formación xuvenil

Foto noticia
O alcalde anunciou que o Concello colaborará coa Cámara de Comercio na organización de actividades formativas para a mocidade que se desenvolverán na Casa da Xuventude, un espazo municipal que o Goberno municipal reformou en 2025 cun custo de case 100.000 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-01-20. O alcalde anima a inscribirse na segunda edición de "Vigo Dance Festival" os días 25 e 26 de abril

Foto noticia
O baile volverá converterse "no corazón de Vigo" a fin de semana do 25 e 26 de abril coa segunda edición de "Vigo Dance Festival", segundo avanzou hoxe o alcalde ao animar a toda a cidade a inscribirse na cita cultural que arrincou en 2025 coa participación de 1.500 bailaríns. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-12-16. A XXI edición de Vigolandia desprega no IFEVI grandes inchables e animacións infantís

Foto noticia
O Instituto Feiral de Vigo acollerá do 26 ao 30 de decembro a vixésimo primeira edición de "Vigolandia". Despregará sete grandes inchables, así como unha área de superconstrucións, unha ponte tibetana e unha tirolinatir, ademais do certame de pintura "As luces non Nadal". O alcalde destacou os compoñentes sociais, de lecer e de conciliación da iniciativa lúdica. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-11-13. VigoSónico acolle o segundo encontro de K-Pop

Foto noticia
O alcalde anunciou que a mocidade encheu as 40 prazas para o evento K-Pop, un fenómeno musical e cultural de Corea do Sur. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-11-07. Vigo Dance Festival enche o Auditorio Mar de Vigo de baile a fin de semana

Foto noticia
Centos de participantes de distintas escolas e grupos de baile danse cita no Auditorio Mar de Vigo o sabado 8 e o domingo 9 de novembro. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100