Persoas con discapacidade

Centro de Educación Especial

Centro de Educación Especial Saladino Cortizo

Enderezo: Rúa Carballal, 60 (Avenida do aeroporto).
Teléfono: 986 288 188
Fax: 986 487 658
Web: centros.edu.junta.eres/ceesaladino/
e-mail: cene.saladino.cortizo@edu.junta.es
Horario de oficina: de 9:30 a 11:30 horas

Obxectivo

Este centro escolariza a alumnas e alumnos en idades comprendidas entre os 3 e 21 anos e ten como obxectivo acadar o pleno desenvolvemento do alumnado en todas as súas facetas, traballando aspectos intelectuais e habilidades da vida cotiá.

Etapas educativas

  • Educación Especial.
  • Tránsito á vida adulta.
  • Programas de Garantía Social.

 

Recursos

  • Mestres especialistas en Pedagoxía terapéutica.
  • Mestres especialistas en Audición e Linguaxe.
  • Mestres de taller:
    • Artes gráficas.
    • Carpintería.
    • Beleza.
    • Xardinería.
  • Psicólogo.
  • Traballador social.
  • Coidadores para atender ás necesidades básicas do alumnado.
  • Conserxe.
  • Persoal de cociña e comedor.
  • Persoal de limpeza.

Transporte escolar

Tres liñas de autobús que percorren a cidade e tres furgonetas de transporte adaptado para nenos e nenas con problemas de mobilidade. Ademais, conta con dous servizos de taxi para nenos e nenas das aforas de Vigo.

Equipamento e instalacións

  • Comedor subvencionado pola Consellaría de Educación.
  • Biblioteca de profesorado e de alumnas e alumnos.
  • Salón de actos.
  • Instalacións deportivas: ximnasio, campo de fútbol e patio de recreo con canastras.
  • Aulas de audición e linguaxe, vídeo, informática, psicomotricidade, fogar (na que o alumnado aprende destrezas e habilidades da vida cotiá), biblioteca escolar (na que se traballa a animación á lectura) e radio escolar (na que participan activamente o alumnado do centro).
  • Patio de xogos moi grande con zona arborada e un invernadoiro.

Actividades organizadas pola ANPA

A ANPA é socia de Fademga. Participan nas actividades deportivas organizadas por SPECIAL OLYMPICS e FEGADEMPS e o alumnado asiste á piscina en horario escolar.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100