Patrimonio Histórico
Ocupando unha superficie de algo mais de 2 ha, é o ámbito máis afastado do edificio pacego. Con orientación norte-sur, se organiza en tres áreas unidas por un eixo que as percorre en toda a lonxitude. Este espazo axardinado, está concibido para a observación - dende un plano elevado- da parte máis formal dos xardíns.
Alcouve; A superficie lindante có paseo dos eucaliptos, e que formaba parte do antigo viveiro dos xardíns do pazo, transformouse na actualidade no Xardín sensorial ou de aromáticas.
A organización deste xardín, localizado nun antigo invernadoiro, se estrutura mediante a utilización das antigas banquetas de sementeiros transformadas en macizos florais seleccionados por formas e aromas. A bancada central -con novo deseño-, se utiliza como un elemento de interpretación xa que no seu interior se localizan froitos frores e follas que “agudizan a percepción sensorial” dos visitantes.
Pradeira de Concepción Arenal: Organizada en varios recintos acoutados, destaca a pradeira-miradoiro, separada do xardín sensorial por unha sebe vexetal de Camelia japónica, na súa cabeceira norte está rematada pola antiga balconada da vivenda que a escritora e feminista posuía en Vigo, por tal motivo esta sección chámase así. Finalmente nunha cota inferior limitada pola propia solaina, muro de peche do xardín e acequia de rego esténdese unha pradería con froiteiros, paseo de magnolias de folla caduca e esculturas de artistas galegos e portugueses. Este espazo é utilizado polos visitantes como área de lecer.
Especies máis salientables:
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100