Medio Ambiente

Sendas de pequeno e longo recorrido

A Concellería de Medio Ambiente de Vigo actualiza en maio de 2019 a información relativa aos sendeiros existentes no termo municipal coa publicación do catálogo Montes de Vigo: sendeiros e áreas recreativas

imagen senda

No catálogo recóllense os sendeiros oficiais (GR-53 e PR-Gs) e os sendeiros locais trazados polo Concello de Vigo en colaboración coas comunidades de montes de Vigo. En total preto de 130 quilómetros de percorrido no que se pode apreciar a riqueza natural existente na franxa de montes que rodean á cidade, así como o importante patrimonio etnoarqueolóxico que neles hai e as fermosas panorámicas de Vigo e bisbarra.

imagen senda

Sendeiros locais

De seguido preséntanse os nove sendeiros locais sinalizados nos montes de Vigo. Todos teñen un trazado circular que conecta co GR-53 (Senda panorámica de Vigo) e conexións con autobuses urbanos.

A orde na que se presentan toma como referencia o mapa anterior, de oeste a este.

  1. Sendeiro local de Candeán
  2. Sendeiro local de Cabral
  3. Sendeiro local de Bembrive-Beade
  4. Sendeiro local de Zamáns
  5. Sendeiro local de Valladares
  6. Sendeiro local de Matamá-Comesaña
  7. Sendeiro local de Coruxo
  8. Sendeiro local de Oia
  9. Sendeiro local de Saiáns
  10. Guía das esculturas (Valadares)

Sendas de pequeno percorrido (PR-G)

  1. Sendeiros PR-G1 Galiñeiro, PR-G5 Eifonso, PR-G9 Alba-Outeiros

Senda Panorámica de Vigo GR-53

A "Senda Panorámica de Vigo" é a máis longa de todas as rutas homologadas que percorren o municipio de Vigo. Caracterízase polo suave relevo e é accesible a todo tipo de camiñantes. Ademais, circunvala a cidade a través dos seus montes, constituíndo un miradoiro natural de valor excepcional.

Agárdanos un percorrido repleto de contrastes. Ademais de zonas verdes, descubriremos once dos doce parques forestais da cidade, o único zoolóxico de Galicia, restos arqueolóxicos, construcións modernas e antigas estructuras que coas ermidas rezuman lenda e espiritualidade.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100