Cultura

Igrexa Románica de Castrelos

  • Ano: 1216
  • Localización: parroquia de Castrelos

É o templo mellor conservado do románico vigués, xunto coa de Santiago de Bembrive e a de San Salvador de Coruxo.

Ten planta de nave única con ábsida semicircular, de vinte metros de longo por sete de ancho. Os muros son lisos sen contrafortes, agás a ábsida que separa o tramo recto do semicircular. Na igrexa podemos atopar cinco fiestras na nave, dúas no muro norte, dúas no muro sur e unha no muro oeste. A ábsida está iluminada grazas a tres óculos dispostos simetricamente no tramo semicircular. Ten dúas portas, unha en cada panel da nave, con catro e seis columnas, respectivamente. A entrada da ábsida desde a nave resólvese a través dun arco apuntado. O tramo recto da ábsida está dividido por un arco faixón intermedio que sostén unha bóveda apuntada. O tramo semicircular cóbrese cunha bóveda dun cuarto de esfera tamén chamado "de forno". Toda a ábsida se atópase percorrido interiormente por un banco corrido sobre o que se erguen as basas das columnas.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100