Información
Esta parroquia está deitada ó pé do Monte Galiñeiro, no punto xeográfico máis alto do Val do Fragoso, lindando cos concellos do Porriño, Gondomar e Mos. Zamáns é a parroquia menos habitada de Vigo; conta con761 habitantes conforme o último censo. Dálle o seu nome o río que a cruza, e que encora nela.
Na Idade Media dependía do bispado de Tui. Posteriormente, foi anexo da parroquia de San Pedro de Cela ata que no 1786, o bispo Fernández-Angulo declarouna independente. A igrexa parroquial data do 1770 e nos libros parroquias testemúñase a morte dun veciño a mans dos franceses que no 1809 cruzaron a zona para socorrer as tropas napoleónicas cercadas en Vigo.
Tocante ó seu patrimonio arqueolóxico, xunto ós hórreos sobresaen as construccións relacionadas coa auga, fontes, lavadoiros e muíños como o de Maquías. O encoro presenta un especial interese verbo da súa fauna e flora. Actualmente, Zamáns acolle o campus das Lagoas-Marcosende no que se localiza o proxecto de Enric Miralles Cidade Universitaria para a Universidade de Vigo.
Más información en:
- Web de Zamans
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100