Patrimonio e historia

Recursos educativos

Como parte do proxecto Patrimonio e Historia de Vigo desenvolveuse a Unidade Didáctica (UD) “Vigo e o Mar” que se enmarca dentro do programa Vigo Educa, deste xeito formúlase dende a idea da cidade como ferramenta educativa e recurso pedagóxico transversal.

Os contidos da UD permitiranos navegar polos períodos clave da historia da conformación da cidade de Vigo, para elos seguiremos como fío condutor a súa íntima e estreita relación co mar, de forma que coñeceremos como esta vocación marítima marcou a súa evolución ao longo do tempo e a súa configuración actual. Xunto á historia da cidade, achegarémonos igualmente ao coñecemento do entorno no que se empraza, a Ría de Vigo, así como a algúns dos elementos do patrimonio máis representativos desta relación dos vigueses co mar.

O obxectivo principal é ofrecer ao alumnado a posibilidade de coñecer mellor a súa cidade, a súa historia e patrimonio, e o entorno no que se empraza. Todo elo como vía para fomentar o seu sentimento de pertenza, e paso necesario para espertar un actitude de respecto e coidado pola realidade patrimonial e natural da cidade.

Diríxese ao alumnado dos últimos anos de primaria (5º e 6º de Educación Primaria) e primeiros de secundaria (1º e 2º de ESO). Os principais ámbitos de coñecementos relacionadas coa UD son: xeografía, arte e historia, coñecemento do medio, lingua galega, valores e educación plástica e visual.

Consta de tres documentos:

  • Vigo e o Mar: recolle os contidos sobre a historia e evolución da cidade de Vigo e o entorno no que se empraza.

  • Guía didáctica para o profesorado: reúne información e propostas para o profesorado, con enlaces para a ampliación de contidos e suxestións para incorporar en función das necesidades e intereses do alumnado.

  • Caderno do alumnado: recolle unhas serie de actividades para levar a cabo polos estudantes, tanto de xeito individual como en equipo, co fin de afianzar as aprendizaxes derivadas da UD.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100