Cultura

Igrexa Románica de Coruxo

  • Século: XII
  • Localización: parroquia de Coruxo. Val do Fragoso

A actual igrexa foi na súa orixe, unha iglexa monasterial.

Ten planta basilical de tres naves e tres ábsidas semicirculares, sendo a central máis ancha e elevada. Os tres ventanais da ábsida central foron tapiados, o cal fixo desaparecer os seus elementos decorativos. Porén, abríronse outros dous ventanais, un a cada lado do Prebisterio, para darlle máis luz, aínda que estes non se encadran dentro do estilo que predomina no conxunto.

Nos laterais consérvanse as antigas lucérnagas, aínda que as que están no lado do Evanxeo perderon os fustes das pequenas columnas. Unha e outra están tamén cegas. Baixo o tellado hai unha cornixa á que están acaroados canzorros iguais en tamaño mais de debuxo diferente.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100