Escudo Concello de Vigo

Igualdade

Ciclo da Violencia

As reaccións violentas non aparecen de forma imprevista, senón que forman parte dun longo proceso que acaba nunha pirámide de violencia sen retorno e que leva a un ciclo moi difícil de parar.

Este ciclo ten tres fases, que se reiteran cada certo tempo, intercalando períodos de violencia con períodos de afectos e arrepentimentos, pero onde cada vez son máis frecuentes os momentos de agresión e menos os de arrepentimento.

1. Fase de Tensión.

2. Fase de Agresión.

3. Fase de Arrepentimento.

Ti podes darlle a volta a esta situación!

  • O maltratador intimida, arremete física e psíquicamente. É un delincuente perigoso e non podemos xustificalo e encubrilo.
  • O alcol, o paro ou as insatisfaccións persoais non xustifican o exercicio da violencia contra as mulleres.
  • Non esperes a que el “cambie”. Non consintas outra labazada, outro insulto, outra malleira...
  • Ti non es culpable, ninguén merece que a maltraten. Non hai xustificación posible para os comportamentos violentos.

Recorda

  • Quen maltrata ten un grave problema que lle impide vivir en parella.
  • A condescendencia e a pasividade non axudan a solucionar este problema que —en lugar de desaparecer— cada vez será máis frecuente e perigoso.

Detente e pensa

  • Non confundas comportamentos posesivos con “Amor”.
  • Quen te pega ou maltrata non te quere.