Concello

Como contactar

Servizo de Atención Cidadá, Concello de Vigo

O Servizo de Atención Cidadá-010 do Concello de Vigo, ofrece á cidadanía a posibilidade de resolver as súas dúbidas, obter información actualizada e precisa, evitando desprazamentos innecesarios ata as dependencias municipais, mediante a utilización do teléfono ou do correo electrónico.

Así mesmo, é función deste servizo a xestión de solicitudes, dúbidas e suxestións, dos cidadáns e cidadás aos distintos órganos e servizos municipais: Limpeza, Atención cidadá-010, Vías e Obras, Tráfico e Circulación, Parques e Xardíns.

Información por Teléfono

  • Teléfonos
    • 010: para chamadas realizadas desde a rede de telefonía fixa do municipio de Vigo.
    • 986 810 260: para chamadas desde fóra do municipio ou a través dun teléfono móbil.
  • Horario
    • de luns a venres de 8:00 a 20:00h.
    • sábados de 10:00 a 14:00h.

Información por Internet

  • 010@vigo.org: Correo electrónico onde poderá realizar consultas, resolver dúbidas e solicitar información.

Trámites por Internet

Trámites creados para a defensa dos intereses dos veciños e veciñas nas relacións co Concello. Poden ser exercitados por persoas físicas ou xurídicas sen limitación algunha.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100