Laboratorio Municipal
O Laboratorio Municipal, dependente da Concellaría de Sanidade, Consumo e Medio Ambiente, realiza anualmente tres ou catro controis analíticos da auga dos manaciais das aproximadamente 350 fontes públicas catalogadas no Municipio. Que se teña constancia, este centro é o único de España que analiza a auga de un número tan elevado de fontes.
Segundo a lexislación vixente, RD 140/2003, considérase que un auga é "Non apta para consumo humano" cando algún dos parametros analizados supera ou incumple os valores lexislados. Asemade sinala que as augas de consumo humano deberanse desinfectar, xa que o feito de dispor dun baixo nivel de desinfectante residual aporta unha Garantía Sanitaria. Polo tanto, a pesares dos controis analíticos anuais que o Laboratorio realiza a cada fonte, ainda que os resultados obtidos Cumplan coa lexislación vixente, isto non é dabondo para establecer unha garantia sanitaria nestas augas.
Análise de fontes
Mapa do último análise de fontes
Auga sen Garantía Sanitaria (SG)
Os resultados obtidos para os parámetros analizados Cumplen coa lexislación vixente. Auga Sen Garantía Sanitaria por non conter desinfectante residual.
Auga Apta para o consumo (P)
Auga da red de abastecemento municipal.
Auga Non apta para o consumo humano (NA)
Os resultados obtidos para os parámetros analizados Non Cumplen coa lexislación vixente.
Sen calificar (SC)
Non se teñen resultados analíticos ou son insuficientes, (fontes secas, deterioradas, con mal acceso, etc).
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100