Plan de recuperación, transformación e resiliencia

Comunicación

Logos

Lista de noticias

Noticias

2026-06-09. Vigo ultima a posta en marcha do novo corredor mecánico no Paseo de Granada

Foto noticia
Abel Caballero achegouse este martes á instalación da primeira das ramplas mecánicas desta rúa, que salvarán un desnivel de 15 metros e un 10% de pendente. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-06-05. O goberno local inicia os obradoiros de creación de experiencias turísticas en Bouzas

Foto noticia
A iniciativa, desenvolvida no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e financiada pola Unión Europea ? NextGenerationEU, entra agora na súa fase práctica coa posta en marcha dos obradoiros presenciais orientados ao deseño de novas experiencias e paquetes turísticos vinculados ao barrio. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-04-23. O Goberno local avanza no desenvolvemento do PERTE da auga

Foto noticia
Abel Caballero informou de que o proxecto está ao 50% de execución. Actuacións para a mellora da eficiencia do ciclo da auga, xestión da información e novas estratexias avanzan "para que Vigo siga a ser a cidade coa mellor agua de España\". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2026-03-20. Vigo conta cun novo ascensor entre Romil e Hispanidade

Foto noticia
Abel Caballero inaugurou a humanización da rúa Hispanidade, entre Amor Ruibal e Feliciano Rolán, e o ascensor que conecta coa rúa Romil e permite continuar co corredor mecánico entre Beiramar e O Castro. O Concello investiu 1.271.209 euros dos que 945.528 proceden do Goberno de España a través de Fondos Next Generation UE. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-12-22. Bouzas avanza no desenvolvemento do seu Plan de Sostenibilidade Turística

Foto noticia
O Concello licitou a elaboración do plan de marketing e dinamización da festa da Brincadeira e prestación do servizo de deseño e creación de paquetes turísticos da vila. Abel Caballero destacou un investimento total de 294.000 ?". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-12-19. Abel Caballero: "Haberá continuidade na circulación dos vehículos que precisan acceder ás ZBE"

Foto noticia
O alcalde deu conta da aprobación definitiva do proxecto das Zonas de Baixas Emisións tras estimarse diversas alegacións presentadas durante o proceso de exposición pública. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-09-12. O goberno local segue a mellorar o casco histórico de Bouzas

Foto noticia
O alcalde anunciou que haberá novas humanizacións e renaturalización da zona vella e o paseo marítimo. O importe das obras supera os 400.000 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-08-01. Caballero reclama á Xunta que dedique fondos europeos a Vigo

Foto noticia
Trala publicación dun informe do Consello de Contas que recolle que o goberno autonómico soamente dedica aos concellos o 3,7% dos fondos europeos que recibe, Abel Caballero censurou este venres a actuación da Xunta. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-06-13. O goberno local aproba a modificación do proxecto do ascensor entre Hispanidade e Romil

Foto noticia
A Xunta de Goberno Local vén de dar luz verde á modificación do proxecto das obras de humanización da Avenida da Hispanidade, entre Amor Ruibal e Feliciano Rolán, ao detectar o deterioro do muro de contención sobre o que ía sosterse o ascensor. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2025-04-24. A humanización da rúa Pazo priorizará o tránsito peonil

Foto noticia
Abel Caballero informou de que mañá a Xunta de Goberno Local aprobará a adxudicación da humanización da rúa Pazo en Bouzas por un importe de 379.146,88 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100