Cultura

Museo Liste-Etnográfico de Vigo

Enderezo: rúa Pastora, 22.
Teléfonos: 986 244 698/ 986 236 767
Páxina web: www.museoliste.org
e-mail: recepcion@museoliste.org

Horario:

  • De martes a sábados de 10 a 14.
  • Mércores de 10 a 14 e de 17 a 19 horas.
  • Domingos, luns e festivos pechado.

Servizos:

  • Salas de exposición: nove permanentes e unha temporal.
  • Visitas guiadas e dialogadas.
  • Visitas para grupos con cita previa.
  • Biblioteca de consulta especializada en etnografía galega.
  • Departamento de didáctica.
  • Arquivo fotográfico e audiovisual.
  • Tenda.
  • Aparcadoiro.

O Museo Liste de Vigo nace co principal obxectivo do coñecemento e difusión do patrimonio etnográfico galego.

O Museo, instalado nunha vivenda unifamiliar remodelada de mediados do século XX, distribúese en catro andares e once salas que reflicten aspectos significativos da identidade de Galicia.

Nove salas de exposición permanente exhiben máis de 2.000 pezas a través das que o visitante percorre os oficios artesanais galegos, a cultura do cultivo do centeo, a roda tradicional, os peches, os tecidos, a madeira escavada, a luz, a materialidade da fe e a arte de curar.

O museo posibilita, ademais das visitas "dialogadas", diversas actividades didácticas, exposicións temporais, audicións musicais, así como o acceso á biblioteca de consulta etnográfica.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100