Vigo
As Illas Cíes ou, como as chamaron os romanos na súa época, Illas dos Deuses son un paraíso tanto para as aves que aniñan nos seus cantís, como para as diversas especies que alí se atopan, pero ademais sono para o visitante que pode gozar dos seus belos contornos naturais, das súas praias, da súa tranquilidade, etc.
O arquipélago está formado por tres illas: illa de Monte Agudo (ou do Norte), illa do Faro e illa de San Martiño (ou do Sur). As dúas primeiras están unidas entre si por un longo areal –a praia de Rodas– no medio da cal hai unha lagoa.
A única vía de acceso ás illas é o servizo de transporte marítimo de pasaxeiros
A illa de San Martiño ou do Sur é a única que non está comunicada por liña regular (só poden acceder a ela embarcacións privadas).
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100