Logos

Estructura organizativa

O Plan de Acción da Axenda Urbana de Vigo parte da experiencia adquirida nos procesos de reflexión estratéxica desenvolvidos nos últimos anos polo Concello de Vigo, que acolle un grupo de traballo interno integrado por representantes de cada área de servizo. O plan de acción estrutúrase arredor dos 10 obxectivos estratéxicos recollidos na Axenda Urbana Española e os seus respectivos obxectivos específicos.

Como actuacións iniciais para o desenvolvemento do plan de acción debese destacar que o Concello de Vigo adxudicou con data 16 de xullo de 2021, o contrato de servizos para o desenvolvemento do proxecto de axenda urbana no Concello de Vigo e a análise e seguimento das distintas convocatorias e programas europeos e outras convocatorias nacionais e internacionais (671-441).

Para a elaboración do plan de actuación, a proposta de traballo aprobada determinou dous órganos de coordinación do documento:

  • Comisión Xestora cuxa responsabilidade é do Departamento Delegado da Área de Contratación, Patrimonio e Xestión Municipal, que se encarga de promover e coordinar as actuacións municipais para o cumprimento dos ODS dentro da axenda 2030. Esta comisión conta coa participación directa do 2º Tenente de Alcalde e Concelleiro da Área de Fomento e Servizos e do 4º Tenente de Alcalde e Concelleiro Delegado da Área de Desenvolvemento Urbano.
  • Comisión Técnica de Traballo: integrada por técnicos de todas as áreas de servizo do Concello de Vigo.

Así mesmo en relación as necesidades organizativas vinculadas o desenvolvemento das actuacións descritas anteriormente e outras obrigas complementarias para o Concello de Vigo como xestor de fondos do Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia financiados a través do programa Next GenerationEU, a Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 18 de novembro de 2021, entre outros asunto aprobou o expediente 1058/441 "PROGRAMA DE XESTIÓN DAS AXUDAS DO PROGRAMA NEXT GENERATION UE», que concreta a determinación dun equipo de traballo especifico. Dito conforma o seguinte organigrama:

  • Concellería municipal responsable: Segundo Tenente de Alcalde e Concelleiro de Fomento e Servizos.
    Conformación dun equipo para a desenvolvemento do Programa Municipal para os proxectos financiados cos Fondos do PRTR, estará conformada por unha coordinación técnica responsable do programa, por un comité técnico do Programa, por un comité de autoavalición e por un equipo técnico de xestión.

A vista destes antecedentes, así como a obriga do Concello de Vigo para desenvolver o proxecto presentado para a implantación do plan de acción da Axenda Urbana no Concello de Vigo, e co obxectivo de avanzar no desenvolvemento deste proxecto, foi proposta por resolución da Concelleira delegada da Área de Contratación, Patrimonio e Xestión Municipal, no ámbito da sua competencia de "Promover e coordinar as actuacións municipais para o cumprimento dos ODS dentro da Axenda 2030", así como a específica en relación a coordinación e dirección executiva do proxecto Piloto de implantación do Plan de Acción da Axenda Urbana de Vigo, a conformación da "Comisión Técnica "Axenda Urbana de Vigo" proposta no proxecto organizativo presentado para o desenvolvemento do "Piloto para a implantación do plan de acción da Axenda Urbana do Concello de Vigo".

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100