Parques e sendeirismo
O sendeiro panorámico GR53 é unha ruta que discorre polos montes e parques forestais da cidade na súa parte máis afastada do mar. Ten unha lonxitude de 56.4km, dos que 16km son variantes perfectamente sinalizadas no camiño. Percórrese en aproximadamente 14 horas.
É un percorrido cheo de contrastes no cal imos atopar numerosas zonas verdes, restos arqueolóxicos como os petroglifos de Fragoselo ou os dolmens da zona do Mercantil, espléndidos miradoiros que nos amosan unha fantástica panorámica sobre a Ría de Vigo, etc.
A súa proximidade á cidade e a posibilidade de dividir o sendeiro en treitos facilita aos camiñantes o seu percorrido, o que o fai perfecto tanto para os máis experimentados -ao ser un percorrido longo pero de dificultade media- como para os que se queiran iniciar na práctica do sendeirismo, ao contar con multitude de parques forestais perfectamente acondicionados con merendeiros, fontes, etc., que ofrecen un descanso moi reparador, ademais de chegar o transporte urbano tanto ao inicio como ao final de cada treito.
Todo isto fai deste sendeiro unha fantástica desculpa para achegarnos á natureza, facer deporte e gozar da paisaxe sen saír de Vigo.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100