Organización Municipal

Organismos Autónomos

O Pleno do Concello, na súa sesión de data 29/06/2015, ao abeiro do sinalado no artigo 38.c do RD 2568/1986, do 28 de novembro, acordou a distribución dos distintos grupos municipais, os dez membros da Corporación que constituirán xunto co alcalde que ostenta a Presidencia, os órganos reitores dos Consellos de Goberno dos organismos autónomos municipais: Parque Natural das Ciencias-Vigo Zoo, Instituto Municipal dos Deportes, Escola Municipal de Artes e Oficios e Padroado do Museo Municipal.

Urbanismo: A Xerencia de Urbanismo creouse en 1996 como organismo autónomo administrativo con personalidade xurídica pública e patrimonio propios, sometida á tutela, fiscalización e control do Concello de Vigo.

Acordo do Pleno do Concello de Vigo, sesión ordinaria do día 26 de outubro de 2015, sobre a modificación da modalidade na xestión directa dos servizos públicos de educación (escola municipal de artes e oficios), ocio e tempo libre (parque das ciencias vigo-zoo) e deportes (instituto municipal dos deportes) e consecuente extinción dos organismos autónomos:

  • Parque das Ciencias Vigo-Zoo.
  • Instituto Municipal dos Deportes (IMD).
  • Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO).

Integrándose a partir do 1 de xaneiro de 2016 na estrutura municipal.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100