Ditada Orde de Protección ou Afastamento por un órgano xudicial (de
calquera demarcación nacional) cando a vítima posúa domicilio no termo
municipal de Vigo, automaticamente procederase á súa repartición,
asignándose un policía a devandita Orde para o seu control e seguimento
personalizado (ben do C.N. de Policía ou de Policía Local de Vigo
segundo corresponda).
Establécense mecanismos que permiten unha comunicación fluída e
permanente entre a vítima e o Corpo da Policía Local de Vigo, con
obxecto de dispor inmediatamente dos datos necesarios para valorar a
situación de risco en cada momento, e para ese efecto:
- Asígnase dita función a persoal con formación especializada na asistencia e protección das vítimas de violencia de xénero.
- Facilítase á vítima un teléfono de contacto directo e permanente
(24 horas) co funcionario policial asignado para a súa atención
individualizada.
- Información á vítima dos dereitos e recursos á súa disposición.
- Recomendacións sobre autoprotección e modos de evitar incidentes.
- Comunícase ao agresor que a vítima dispón dun servizo policial de protección.
- Vixilancias periódicas en domicilio, lugar de traballo e en entradas e saídas dos centros escolares.
- Acompañamento á vítima en cantas actuacións de carácter xudicial, asistencial ou administrativas precise.
- Contactos persoais esporádicos e discretos coa vítima (acordando a
conveniencia de empregar ou non uniforme e/ou vehículos con
distintivos).
- Acompañamento ao denunciado a recoller aveños no domicilio se a Autoridade Xudicial acorda a súa saída do mesmo.
- Comprobación periódica do cumprimento polo agresor das medidas xudiciais de protección.
- Entrevista co persoal de Servizos Asistenciais que atenden á vítima
/ puntos de Atención Municipal, para identificar outros modos efectivos
de protección.
- Traslado da vítima para ingreso en Centro de Acollida, se procedese.
En caso de producirse un incumprimento de medida cautelar ou de
condena en referencia á Orde de Afastamento imposta, establécese de
forma inmediata un operativo policial tendente á localización e
detención do denunciado, celebrándose xuízo o mesmo día que pasa a
disposición xudicial o detido.