Transformación Dixital e Modernización das administracións das entidades locais. Concello de Vigo.
Orde TER/1204/2021, de 3 de novembro, pola que se aproban as bases reguladoras e efectúase a convocatoria correspondente ao 2021, de subvencións destinadas á transformación dixital e modernización das Administracións das Entidades Locais, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
N.º: 9764-113. Aprobación da participación do Concello de Vigo na convocatoria correspondente ao ano 2021 de subvención destinadas á transformación dixital e modernización das administracións das entidades locais no marco do PRTR, e de acordo coa Orde TER/1024/2021 do 6 de novembro, publicada polo Ministerio de Política Territorial.
Actuación 02 liña 1: Ampliación de funcionalidades e servizos da tarxeta cidadá PassVigo
Total proxectos: 1.363.262,90 €
Total axuda solicitada: 1.084.686,76 €
Resolución de concesión de axudas convocatoria de proxectos de modernización e dixitalización no ámbito das administracións das entidades locais. Resolución de 18 de maio de 2022, da Secretaría de Estado de Política Territorial, pola que se conceden subvencións destinadas á transformación dixital e modernización das Administracións das Entidades Locais. BOE, Venres 20 de maio de 2022, núm 120, Sec III Outras Disposicións, Páxina 70108.
Subvención total concedida: 1.084.686,76 €
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100