Educación

Curso 2021-2022

Listaxe alumnado apto

Escola de verán

Convocatoria Xeral Preinscripción

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA (do 27 ao 29 de setembro (de 10 a 13 horas e de 16 a 20 horas))

ALUMNADO DE NOVO INGRESO NA EMAO CURSO 2021-22

  1. As persoas incluídas nos listados cos resultados do sorteo e das probas de acceso deberán formalizar a súa matrícula presentando na Unidade Administrativa da EMAO a seguinte documentación:
    • Ficha cumplimentada (Recóllese e entrega na U.A. da EMAO).
    • Fotocopia simple do seu DNI.
  2. Datas e horario de matrícula: do 27 ao 29 de setembro (de 10 a 13 horas e de 16 a 20 horas).
  3. De non confirmarse a matrícula nas datas indicadas daráselle de baixa na lista de admisión, pasando a ocupar o seu posto a persoa que figure no lugar correspondente na lista de agarda.
  4. Establécese unha lista de agarda para cada especialidade, para os casos de substitución por baixa ou por renuncia do alumnado durante o primeiro trimestre do curso 2021-2022. Por razóns prácticas, o número de persoas que figuran na lista de agarda que se publica é, como máximo, o número de prazas ofertadas para cada especialidade.
  5. A admisión definitiva está condicionada á veracidade dos datos de empadroamento.

Preinscrición alumnado de novo ingreso

Só existe a preinscrición por internet, cubrindo a ficha de preinscrición online. Non existe a posibilidade de preinscrición presencial nas oficinas da EMAO. Se precisa información ou axuda, pode solicitar cita previa :

  • De luns a venres de 10,00 a 14 horas (agosto pechado)
  • Tlf. 986-228088
  • Correo Electrónico: emao@vigo.org

Prazo de preinscrición: ata o 6 de setembro.

Curso avanzado

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100