Patrimonio Histórico

Antes das murallas a vila xa se defendía dende o cabo da Laxe

Aínda que sexa difícil imaxinalo polo recheo actual, aquí había unha punta costeira na que, dende antigo, os vigueses facían fronte aos ataques marítimos. Logo levantarase o meirande baluarte da muralla.

É posible que esta zona xa tivese algunha defensa antes de erixir as murallas, pois cando se avistaban naves inimigas os veciños acudían aquí para rexeitar os ataques. Ao construírse a muralla levántase un baluarte cuxa planta se adapta á forma da punta costeira.

Estaba exposto a temporais, como o de decembro de 1711 que case o derruba e, sendo primeira liña de defensa marítima, danaríase e repararíase en diversas ocasións. Inicialmente albergaba só un corpo de garda pero, co tempo, engadiranse outros edificios militares: cubertos, almacéns e calabozo, que se situaban detrás da área de manobras. Derrúbase en 1896 para realizar o dique de recheo que permitiría a construción da avenida.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100