Participación cidadá
As ordenanzas fiscais son a forma na que o concello regula os seus tributos e nelas se recollen os motivos polos que se gravan, as persoas obrigadas ao seu pago, os que están exentos e calquera outro aspecto relativo á súa imposición.
Os veciños poden participar na súa elaboración e presentar reclamacións e apreciacións cando se expoñen de forma pública.
Vías de participación:
A través dos procedementos de:
Aprobación das ordenanzas fiscais:
As ordenanzas fiscais que crean, modifican ou suprimen tributos, son presentadas a debate ante o Pleno do concello onde se aproban inicialmente se se alcanza unha maioría simple dos votos emitidos.
Este texto provisional é sometido á cidadanía para o examine e aporte as súas achegas.
Prazo de exposición ao público e para presentar alegacións:
O prazo para presentar alegacións será o dun mínimo de 30 días hábiles a partir do día seguinte á publicación do anuncio de exposición no boletín oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO). Son días hábiles todos os días menos os sábados, os domingos e os declarados festivos.
O texto provisional da ordenanza exponse no taboleiro de anuncios do concello e dáse publicidade disto nun diario dos de maior difusión da provincia.
Persoas que poden alegar:
Resolución de alegacións:
Todas las achegas cidadás son estudadas e resoltas, aprobando o texto da ordenanza definitivamente, derogándolo ou incorporando as modificacións suxeridas. De non haber reclamacións ao texto aprobado provisionalmente, entenderase aprobado de forma definitiva sen necesidade dunha nova votación.
Consulta da ordenanza definitiva:
Aprobado definitivamente o texto íntegro da ordenanza, non entrará en vigor ata a súa publicación no boletín oficial da provincia.
O concello de Vigo edita no primeiro cuadrimestre do ano un volume con todas as súas ordenanzas fiscais que está a disposición da cidadanía. Tamén se poden consultar neste apartado: Ordenanzas Fiscais
Reclamacións ante o texto definitivo da ordenanza:
Cando o texto da ordenanza fora aprobado e publicado definitivamente, non cabe a presentación de reclamacións ante a administración municipal. Deberá acudirse aos tribunais ordinarios para interpor recurso contencioso-administrativo na forma e prazos que dispoña a lei.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100