A actividade física constitúe xunto coa alimentación, dous elementos claves, que definen a esperanza de vida das persoas. Actualmente ningún grupo da sociedade, pode obter máis beneficios da actividade física e a alimentación, que o colectivo das persoas maiores. Ambos factores, posúen un papel vital na promoción da saúde e prevención de enfermidades.
Según diversos estudios, existe unha relación directa e positiva entre a realización da actividade física e o aumento da esperanza de vida. A presencia ou ausencia de actividade física, condiciona que a persoa desenvolva a súa vida ligada a dous polos completamente opostos: saúde e enfermidade. O proceso que se produce no organismo das persoas o longo da vida, pode mirarse acelerado ou ralentizado en función do seu nivel de actividade física.
A Concellería de Política de Benestar pon en marcha durante os meses de Xullo e Agosto “Actividades interxeracionais do verán nos parques biosaudables e prazas da cidade”.
Quen pode participar?
As actividades, son unha oferta aberta a tódolos vigueses, prestando especial atención ás persoas maiores acompañadas dos seus netos, fillos, amigos etc.
A finalidade é ofrecer as persoas unha actividade de lecer saudable, e un encontro interxeneracional de diferentes actividades abertas á poboación en xeral, sen necesidade de inscrición.
Actividades que se realizarán:
- Danzas do Mundo: É unha forma agradable, de exercicio físico en grupo. A Danza axuda a reducir moitos dos problemas asociados a idade. É un bo método para superar a soidade, a timidez e establecer novas relacións. A danza é un modo ancestral de comunicación e de celebración.
- Taichi: O Taichi é un exercicio excelente, favorece o equilibrio, a flexibilidade, o estado do sistema cardiovascular, a mobilidade articular e o traballo coordinado.
- Musicoterápia: é unha disciplina terapéutica que favorece o desenvolvemento motriz, sensorial, cognitivo e da personalidade empregando o son, a música e o movemento corporal.
- Saúde e diversión: é un programa de actividade física creativa no que os obxectivos se acadan a través de propostas lúdicas e recreativas, fuxindo do cotián e tradicional. Así traballarase mediante xogos de socialización, de coñecemento, de afirmación, de distensión, de cooperación, de comunicación... entre outros, utilizando dous elementos básicos: o material e a música. En canto ao material, utilizarase tanto material tradicional (pelotas, aros, picas, globos...) como material alternativo (papeis de periódico, telas, paracaídas, abanicos...), o cal nos axudará a facer as sesións máis creativas e participativas.
- Ximnasia nos parques biosaudables: As actividades anteriormente reflectidas combinaranse con exercicios nos “Parques biosaudables” ubicados na cidade, compostos por diferentes equipos de ximnasia, que permiten manter a forma física e previr ou tratar diferentes doenzas. Os parques están especialmente recomendados para maiores de 60 anos porque lles permite mellorar a súa mobilidade ,aumentar a flexibilidade e tonificar a musculación de todo o corpo. Nos parques biosaudables poden atoparse diversos elementos para determinados tipos de exercicios ,os elementos corresponden á seguinte clasificación: Equipos de calentamento , equipos de coordinación de movementos, equipos de exercicios e equipos de relaxación.
As actividades realizaránse de luns a venres en horario de mañán de 10:30 a 11:30 horas.
Lugares, datas e horarios
Contido dos talleres:
- Técnicas e dinámicas de expresión corporal e desbloqueo.
- Técnicas de coñecemento e dinámicas de desinhibición.
- Técnicas de relaxación dos puntos de respiración abdominal.
- Dinámicas de cooperación e distensión.
Metodoloxía do proxecto:
Será unha actividade lúdica e participativa. Animaráse aos participantes a gozar das actividades ao aire libre favorecendo as relacións cos seus compañeiros.
En cada taller combinaránse dúas actividades ao longo de unha hora, comenzando con exercicios de respiración, xogos de presentación, coordinación e equilibrio adaptándose ás particularidades do grupo.