Programa de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal. Convocatoria en Réxime de concorrencia non competitiva por anticipado de gasto para os anos 2022 e 2023. Código do procedimento MT975K.
Orde do 30 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamiento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGeneration EU e procédese á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva por anticipado do gasto para os anos 2022 e 2023 (código do procedemento MT975K).
Núm.:7986-252. Aprobación da participación do Concello de Vigo á convocatoria correspondente no exercicio 2021 do programa de axudas para a execución das actuacións en materia de residuos de competencia municipal, aquelas encamiñadas á mellora da xestión dos biorresiduos, ás entidades locais municipais e supramunicipais e agrupacións de entidades locais de Galicia que teñan asumidas as competencias de prestar os servizos de recollida ou de tratamento de residuos municipais (procedemento MT975K), á vez que se fai pública a súa convocatoria dos anos 2022 e 2023.
Expediente BIOR-082-2022-RES: Implantación do proceso de recollida separada de Biorresiduos de competencia municipal pertencente á liña 1 das axudas a entidades locais de Galicia para o financiamiento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal.
Total proxectos: 800.000,00 €
Total axuda solicitada: 587.674,00 € (ano 2023)
Resolución de 13 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sustentabilidade e Cambio Climático, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao amparo da Orde de 30 de novembro de 2021 (DOG nº238, de 14 de decembro de 2021) pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de biorresiduos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de Recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU e procédese á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva, por anticipado de gasto, para os anos 2023 e 2023 (código de procedemento MT975K).
Subvención total concedida: 587.674,00 €
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100