Neste ámbito, o Concello conta con dous recursos:
- Dun lado, o Plan Local sobre Drogodependencias e outras adicións, produto da vontade común das organizacións sociais e dos servicios municipais vinculados á atención das persoas con trastornos aditivos de Vigo, para lograr a máxima coordinación entre os seus recursos e a coherencia nas actuacións das persoas, profesionais, institucións e entidades dedicadas á asistencia, prevención e incorporación social en materia de adicións na cidade de Vigo.
- Doutro, a Unidade Asistencial de Drogodependencias (CEDRO), que desenvolve un activo e amplo labor no ámbito das drogodependencias, coa prestación de programas de tratamento específicos e a coordinación con outras entidades, institucións e administracións para a asistencia de urxencias sociais e de procesos de incorporación social de drogodependentes.