Medio Ambiente
A Campaña VIGO Planeta forma parte das accións municipais de concienciación ambiental impulsadas polo servizo de Medio Ambiente do Concello de Vigo, co obxectivo de fomentar o respecto polo medio natural, o benestar animal e os hábitos saudables desde a infancia.
Esta iniciativa acompaña a transformación do antigo zoo no actual VigoNature, un espazo de divulgación ambiental que aposta pola educación, a aprendizaxe lúdica e a conexión coa natureza, deixando atrás o modelo tradicional de zoológico.
Literatura e educación ambiental
No marco da campaña publicáronse dous materiais educativos que serven de apoio ás actividades de VigoNature e aos programas municipais de medio ambiente:

As creadoras dos libros son a escritora Soidade García e a ilustradora Ángela Costas, que xa demostraron o seu compromiso co benestar animal a través da campaña Adóptame en Vigo baseada no libro URCO unha historia reciclada, unha obra que fomenta a adopción responsable de animais nos centros educativos da cidade, coa cesión dos dereitos da escritora para ambas as iniciativas.
Destinatarios
A campaña está dirixida a nenas e nenos de 4 a 12 anos, ás súas familias e á comunidade educativa, e pode desenvolverse tanto en visitas a VigoNature como en centros educativos, bibliotecas e actividades municipais.
Con VIGO Planeta, Vigo reforza o seu compromiso cun modelo de cidade sostible, innovadora e comprometida coa educación ambiental das novas xeracións.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100