Escudo Concello de Vigo

As Illas Cíes

Faro do Monte Faro

Está situado na illa do Centro ou Illa do Faro. Foi construído entre 1851 e 1853, a unha altura de 178m sobre o nivel do mar. Na actualidade o faro está automatizado.

O ascenso até este faro, por un camiño de curvas en zigzag, é todo un reto para os visitantes; pero unha vez alí, as panorámicas do conxunto das illas e dos cantís compensan o esforzo realizado.

O faro estivo habitado até os anos 60 do século XX. Había unha vivenda que o rodeaba pero hoxe en día xa non existe.