Cultura
Horarios:
Os días 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro o Museo permanecerá pechado. Así mesmo, os días 24 e 31 de decembro só abrirá en horario de maña.
Servizos:
Tarifas:
As entradas teñen validez por un día. A entrada Xeral ten acceso a todas as instalacións.
*Tarifas reducidas: Menores de 18 anos, persoas paradas, estudantes e xubiladas (sempre que o acrediten), ONGs e grupos de máis de 10 persoas.
O Museo do Mar de Galicia, situado na Punta do Muíño, en Alcabre, naceu coa vontade de ser unha sede dedicada ao mar. É un ambicioso proxecto cultural e científico inaugurado en xuño do 2002 e deseñado polo arquitecto italiano Aldo Rossi e o galego César Portela.
Pódense distinguir até seis partes: o xardín; un conxunto de cinco naves rehabilitadas; unha praza empedrada que permite a comunicación entre as praias; un edificio de nova planta, construído sobre o linde dunha parcela gañada ao mar; un porto no que se sitúa o acuarium; un faro, e o propio mar que envolve a construción.
O Museo distingue un ámbito gratuíto inicial, onde o visitante entra en contacto co mar, e a exposición permanente de pago, centrada na historia económica e social do desenvolvemento da industria pesqueira galega, abarcando seccións sobre a extracción, conservación e comercialización dos produtos pesqueiros. Conta ademais cun acuario, onde se amosan os ecosistemas das rías galegas, e un xacemento arqueolóxico. Os vestixios deste xacemento fálannos das explotacións dos recursos pesqueiros xa desde épocas prehistóricas, fío condutor da exposición permanente do museo.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100