Participación cidadá
Teléfonos:
Horario:
Custo de chamada
Dependerá do contrato co operador de telecomunicacións que teña o propietario do teléfono fixo ou móbil. O Concello non ingresa ningunha cantidade polas chamadas recibidas e, en consecuencia, non repercute ningún custo a quen o utilizan.
As tarifas aplicables a todos os servizos 010 de España foron reguladas mediante Resolución de 31 de xullo de 2013 da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a sociedade da Información das Administracións Locais (publicada no BOE número 226 de 20/09/2013). O teléfono 010 do Concello de Vigo aplica ao usuario chamante a Modalidade A de facturación por tempo, recollida en devandita norma, co seguinte prezo:
Normalmente podería chamarse de forma gratuita si ten contratado cun operador de telecomunicacións un servizo de "tarifa plana" para chamadas a teléfonos nacionais. No entanto aconsellamos verificar ca sua operadora telefónica si inclúe devandito número na tarifa plana.
O 010 é o número do Servizo de información telefónica, cuxa finalidade é dar resposta a cuestións de calquera tipo: desde os servizos municipais que presta o Concello, ata consultas relativas á cidade.
O obxectivo primordial do servizo de atención telefónica é proporcionar información de xeito rápido, fiable e integral, sempre ao alcance de todos.
Cunha chamada, a un sinxelo número, de tarifa local, tanto os cidadáns e cidadás como calquera turista ou visitante, dispón ao instante de información fiable e actualizada, de caracter xeral e tamén administrativa.
É unha referencia para a cidadanía viguesa, e para todas as persoas que nos visitan.
Información de interese xeral
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100