Cultura
A ermida está dedicada á Virxe da Guía e ao Sagrado Corazón de Xesús.
Manuel Gómez Román foi o encargado da construción da nova igrexa, xa que a anterior se atopaba en moi mal estado de conservación.
O punto de referencia da igrexa é unha torre central, aínda que no proxecto orixinal esta era moito meirande e rematada coa imaxe do Sagrado Corazón de Xesús, mais, debido á situación económica da irmandade, decídese restarlle tamaño.
A ermida é de planta rectangular con ábsida poligonal, levantada sobre unha plataforma contida cun muro recio de cachotería. Nos muros exteriores emprégase o muro de cachoteria, mentres que nalgúns entrepanos do templo e nos soportais se combina a pedra con fina cantería e lucidos brancos.
A cornixa da fachada principal é cortada a través dunha orixinal composición de placas. A entrada principal resáltase cun frontón partido con venera central.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100