Voluntariado (OMV)
Acompañamento a maiores, menores e discapacitados son actuacións dirixidas a mitigar as necesidades de acompañamento aos colectivos máis desfavorecidos como son as persoas maiores, menores e persoas con discapacidade derivadas das solicitudes das Unidades de Traballo Social (UTS) repartidas pola cidade de Vigo.
O voluntario ou voluntaria cubre as necesidades de acompañamento tanto en situacións puntuais como permanentes das persoas maiores que polas súas circunstancias o precisen.
Entre as funcións a desempeñar polo voluntario ou voluntaria destacan:
O programa pon en marcha un servizo no que se trate de previr situacións de exclusión entre un colectivo tan vulnerable como son os menores. Ofrecese un programa de apoio no que o voluntario ou voluntaria sexa un referente para a correcta inserción persoal, escolar e social do menor.
A persoa voluntaria desenvolverá as seguintes tarefas:
Os voluntarios dirixirán as súas actuacións a paliar as demandas feitas por aquelas persoas afectadas por algunha discapacidade (física, psíquica ou sensorial) en cuestión de :
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100