Limpeza
Nestas páxinas poderá coñecer as empresas concesionarias que realizan labores relacionados coa limpeza urbana, que son supervisados por inspectores municipais do propio Servizo de Limpeza, obter as súas direccións e teléfonos, aos que pode recorrer para solicitar información, ou certos servizos.
É importante que contacte coa empresa adecuada, pois cada unha realiza uns servizos determinados, e en caso de dúbida solicite información no propio Servizo de Limpeza.
Tamén pode consultar os trámites relacionados na Oficina Virtual: Trámites de Limpeza
Lote 1: Mantemento, limpeza e reposición dos colectores para fracción resto, dos colectores soterrados e das papeleiras, incluíndo o baleirado destas; así como o mantemento e reposición da maquinaria e vehículos necesarios para a realización destas prestacións.
CONTENUR, S.A.
Lote 2: Servizos de recollida e transporte de Residuos municipais (fracción resto, incluíndo "proxecto piloto" de recollida da fracción orgánica), recollida transporte e xestión dos residuos voluminosos (incluídos os RAEE’s) e os derivados do servizo do “punto limpo municipal”, así como a limpeza urbana e de praias do Termo Municipal de Vigo, e a recollida e transporte dos residuos derivados deste servizo de limpeza, e reposición de maquinaria e vehículos necesarios para a realización destas prestacións.
FCC, S.A.
Lote 3: Servizos de contenerización, recollida e transporte a recicladores autorizados dos Residuos municipais reciclables (papel-vidro-envases-pilas) no Termo Municipal de Vigo, con reposición de maquinaria e vehículos. Así mesmo neste lote inclúense os servizos complementarios de recollida selectiva de aceites, e roupa e calzado usados.
FCC, S.A.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100