Cultura
Luns a venres: de 11,00 a 14,00h e de 18:00 a 21:00 h.
Sábados: de 12,00 a 14,00h e de 18,00 a 21,00h.
Domingos e festivos: 12,00 a 14,00h.
O arquivo Pacheco representa a máis completa colección de recursos fotográficos de titularidade pública sobre a cidade de Vigo.
A colección está composta por un total de 140.000 imaxes que abarcan o período que vai dende finais do século XIX até a década dos anos 70. A variedade temática é unha das notas predominantes, constituíndo unha completa crónica da cidade.
A autoría das fotografías corresponde a varias xeracións de fotógrafos da mesma familia.
O Concello de Vigo adquiriu a colección en maio de 1991.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100