Educación

Curso 2025-2026

Convocatoria xeral

Formalización de matrícula 

Alumnado de novo ingreso na EMAO curso 2025-26

  1. As persoas incluídas nos listados cos resultados do sorteo, probas de acceso e solicitudes de convalidación admitidas deberán formalizar a súa matrícula presentando na Unidade Administrativa da EMAO a seguinte documentación: 

    • Ficha cumprimentada (Recóllese e entregase na U.A. da EMAO).
    • Fotocopia simple do seu DNI.
    • Datas e horario de matrícula: do 24 ao 30 de setembro (de 10 a 13 horas e de 16 a 20 horas). O día 30 de setembro (de 10 a 13 horas). 
  2. De non confirmarse a matrícula nas datas indicadas daráselle de baixa na lista de admisión, pasando a ocupar o seu posto a persoa que figure no lugar correspondente na lista de agarda.
  3. Establécese unha lista de agarda para cada especialidade, para os casos de substitución por baixa ou por renuncia do alumnado durante o primeiro trimestre do curso 2025-2026. Por razóns prácticas, o número de persoas que figuran na lista de agarda que se publica é, como máximo, o número de prazas ofertadas para cada especialidade. 
  4. A admisión definitiva está condicionada á veracidade dos datos de empadroamento.

Preinscrición alumnado de novo ingreso

Acceso por convalidación

Cadro de vacantes

  • Acceso a niveis superiores por convalidación. Vacantes existentes 
  • Solicitudes de Preinscrición: Deberán realizarse por correo electrónico ao enderezo emao@vigo.org, segundo o cadro de vacantes existentes publicado e reunindo os requisitos esixidos na convocatoria.
    • Prazo de preinscrición :  do 11 de xullo ao  5 de setembro (só horario de mañá), indicando: 
      • Asunto: Solicitude acceso por convalidación
      • Corpo da mensaxe: Especialidade e nivel  ao que se opta, Nome, apelidos e DNI
      • Incorporarase a documentación indicada nos puntos 3.3. e 3.4 da Convocatoria Xeral.
  • Calquera dúbida, pode poñerse en contacto :
    • De luns a venres de 9 a 14 horas (agosto pechado)
    • Teléfono: 986 228 088
    • Correo Electrónico: emao@vigo.org

Curso avanzado

Cargando recomendacións
 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100