Emprego Local

Axuda á contratación

  • Enderezo: Praza do Rei 1, 4º andar. 36202 Vigo.
  • Teléfono: 986 810 232.
  • Fax: 986 810 162.
  • E-mail: ofi.emprego@vigo.org
  • Horario de atención ao público: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Xestión das axudas Municipais á contratación.

A Concellaría de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado no conxunto de accións que integran os programas de apoio á inserción laboral desenvolve o Programa de axudas municipais á contratación para a aplicación das políticas activas de emprego no seu ámbito territorial.

Axudas municipais á contratación

Convocatoria anual que ten como obxecto conceder axudas a empresas independentemente da súa forma xurídica, e entidades distintas da administración pública que formalicen contratos por conta allea a persoas desempregadas empadroadas no municipio de Vigo e para prestar servizos neste concello. A contía da axuda poderá incrementarse segundo a empresa acredite a pertenza da persoa contratada aos colectivos de difícil inserción laboral e/ou social que recollan as bases reguladoras e convocatoria.

Tipos e contías das axudas

Anualmente a Xunta de Goberno Local aproba as bases reguladoras da convocatoria e publícanse no Boletín Oficial de Pontevedra (BOP) , e establécese o período de contratación, así como o tipo e a contía das axudas.

Publicidade da convocatoria e bases reguladoras

As subvencións poderán afectar ás contratacións que reúnan os requisitos establecidos nas correspondentes bases reguladoras e convocatoria que anualmente se acorden e publicaranse no BOP, nos xornais de maior tirada da cidade e na páxina web do Concello de Vigo na sección de Convocatorias e subvencións. Os modelos normalizados para a presentación de solicitudes facilitaranse na Concellaría de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, na web www.vigo.org e nas dependencias de información do Concello de Vigo.

Ofertas de emprego

Concellaría de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado pon a disposición das empresas e/ou entidades na procura de persoal a máis de 6000 persoas usuarias e beneficiarias dalgún dos programas e proxectos promovidos por esta concellaría.

Como facelo

Na base de datos figuran os datos básicos persoais e profesionais das persoas usuarias e beneficiarias do Servizo de Desenvolvemento Local e Emprego.

As empresas teñen que enviar por correo electrónico ou fax á Concellaría de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado unha ficha de oferta de emprego, segundo o modelo.

Coa recepción da ficha de oferta de emprego sóndose nas candidaturas que reúnan as características do perfil requirido. Coas persoas preseleccionadas establécese contacto para coñecer a súa adecuación ao posto, dispoñibilidade e interese na oferta. Deste xeito, previa autorización da persoa preseleccionada, remíteselle ao ofertante unha relación de persoas adecuadas ao perfil requirido.

Observacións

As empresas ou entidades contratantes poderán optar e beneficiarse das axudas municipais á contratación no caso de reunir os requisitos establecidos nas correspondentes bases reguladoras e convocatoria que anualmente se acorde.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100