Cultura
A Biblioteca-Centro de Documentación, inaugurada en novembro de 2004 e sita no 1º andar do MARCO, é un servizo totalmente gratuíto que ten como obxectivo proporcionar información bibliográfica, hemerográfica e audiovisual sobre a arte do século XXI e outros aspectos relacionados coa cultura contemporánea.
Os fondos bibliográficos abranguen aspectos da arte como teoría, filosofía, historia, pedagoxía, museoloxía, movementos artísticos ou coleccións. O corpo principal da biblioteca son monografías e catálogos de artistas ou catálogos colectivos, e conta cunha hemeroteca de revistas especializadas galegas, españolas e internacionais, con aproximadamente 60 títulos.
Para completar este obxectivo documental ofrécese acceso a Internet para consultas de arte e cultura a través de cinco equipos informáticos ou por medio da rede wi-fi, ademais do envío de boletíns informativos de convocatorias e novidades.
Todos os fondos pódense consultar on-line a través da web www.marcovigo.com, onde tamén se ofrecen enlaces recomendados, as novidades máis destacadas, e subscrición gratuíta aos Boletíns.
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100