Estatística - Padrón

Certificados, volantes e documentos

Lista de trámites

Certificado de empadroamento para solicitude de percepción de bono social para autónomos (art. 28 Real Decreto-Lei 11/2020)

Certificado de empadroamento individual/familiar aos efectos de solicitar a percepción do bono social para traballadores autónomos prevista no Real Decreto-Lei 11/2020, de 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19.

Comprobación da Validez dos Xustificantes / Volantes de Empadroamento Emitidos por Internet

Este trámite permite comprobar a veracidade dos xustificantes de empadroamento obtidos por internet.

Consulta do estado da tramitación dos certificados de empadroamento emitidos por Internet

Vostede pode consultar o estado en que se atopan as solicitudes de certificados feitas dende Internet.

Solicitude de Certificado de Empadroamento

Os certificados, a diferenza dos xustificantes (volantes) deben estar asinados. Por este motivo non se poden emitir dende Internet. Pero pódesense solicitar por Internet e vir recollelos ao Concello.

Para as mayorías das situacións chega con solicitar un volante de empadroamento que é gratuito e pódese solicitar por Internet e imprimir de forma inmediata.

Os certificados serven para os seguintes casos especiais:

-Pensións non contributivas (10-5 anos) (invalidez, xubilación, ...) e pensións do estranxeiro (castelán)

-Adquisición nacionalidade española

-Adopcións internacionais (cando xa está concedida a adopción, para finalizar o trámite)

-Algúns trámites do xulgado e de notarías

Solicitude de Xustificante / Volante de Empadroamento Familiar

Pode imprimir directamente dende Internet de forma gratuita o xustificante de empadroamento do padrón municipal de habitantes tanto o seu como o de calquera membro da súa familia.

Solicitude de Xustificante / Volante de Empadroamento Individual

Pode imprimir directamente dende Internet de forma gratuita o xustificante de empadroamento do padrón municipal de habitantes tanto o seu como o de calquera membro da súa familia.

Solicitude de asignación de número de policía

No caso de inmobles de nova construción no término municipal, é obrigatorio solicitar ao Concello a asignación dun número ou números de policía na rúa onde se atope situado devandito inmueble.


 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100