A cidade ofrece diversas actividades tanto de lecer como de aprendizaxe para os nenos, nalgunhas destas actividades tamén poden participar as familias. Algunhas delas pódense atopar en:
Biblioteca Central de Vigo
- Sesións infantís os sabados
- Desenvólvense na sala Infantil os sábados de mañá (de Setembro a Xuño)
- É unha actividade dirixida a nenos dende 3 ate 12 anos (os máis cativos deben vir cos seus pais). Faise un contacontos e unha actividade lúdica relacionada coa lectura. A entrada é libre.
- A biblioteca dos pequenos
- Actividades para pequenos de 18 meses a 3 anos.
- Xoves alternos as 18:00 horas.
- Bibliocampamento de verán (anótate na biblioteca)
- Nos meses de xullo e agosto facemos un bibliocampamento dirixido a nenos de entre 4 e 9 anos.
- Luns e mércores os nenos de 4 a 6 anos e martes e xoves os de 7 a 9 anos. As prazas son limitadas, respectarase a orde de inscrición e farase unha lista de agarda.
- As actividades a desenvolver son: contos, xogos, traballos manuais, etc. O último venres de cada mes facemos unha romaría popular onde aprenderemos xogos tradicionais, cancións, etc. Neste día non hai límite de prazas.
- Visitas guiadas
- Máis información no teléfono: 986 229 074 ou na web da Biblioteca.
Volver ao inicio
Escola Municipal de Danza
- A Escola está aberta a todos os cidadáns empadroados en Vigo, a partir de 4 anos, ofrece: danza galega, percusión tradicional e actividades complementarias.
- As clases desenvólvense durante o calendario escolar, de luns a venres, en horarios distribuídos por idades e grupos, desde as 16:00 ata as 22:00 horas.
- Máis información na web da Escola de Danza de Vigo.
Volver ao inicio
Escola Municipal de Música
- A Escola de Música funciona durante o curso académico, con vacacións nos meses de xullo a setembro, e ofrece unha aprendizaxe práctica, non profesional.
- A oferta formativa inclúe clases de música e movemento para os nenos de 4 a 8 anos, e outras aulas sen límite de idade: práctica instrumental, formación complementaria e actividades vocais e instrumentais de conxunto.
- Máis información:
Volver ao inicio
Escola Municipal de Teatro
- Funciona durante o curso académico.
- Para nenos de 6 a 12 anos oferta obradoiros e xogo corporal-dramático e dramatización.
- Máis información:
Volver ao inicio
Museo MARCO
- Obradoiros artísticos para nenos
- Os vernes, sábados e domingos de Outubro a Maio.
- Para nenos a partir de 3 anos sos ou acompañados de persoas adultas.
Volver ao inicio
Museo VERBUM:
- Obradoiros (música, danza, contacontos...)
- Todos os domingos de Setembro a Xuño. Prezo 1€.
- Para nenos a partir de 3 ou 5 anos.
- Máis información na web do Verbum
- Visitas guiadas para nenos e familia
- De martes a domingo as 17 horas.
Volver ao inicio
Naturnova
- Naturnova é un Centro interactivo de educación ambiental. Permite ao visitante, a través de módulos interactivos, explorar moitos e variados temas dunha forma activa e lúdica. A información preséntase mediante imaxes virtuais, obxectos, cheiros, recreación de ambientes, mapas e un simulador dun submarino en 3D. Todo iso axuda a descubrir facilmente o noso mundo dende o global, ata o máis próximo a nós.
Volver ao inicio
Vigozoo
- A parte da visita ao Zoo tamén ten como opcións:
- Diversas actividades que se realizarán os sábados, domingos e festivos en horario de tarde. Son actividades gratuítas que se desenvolven dentro do recinto, teñen unha duración aproximada de 20 minutos e teñen acceso limitado:
- Naturolab "O laboratorio da natureza": dirixidas ao público infantil. E unha aula de natureza onde os visitantes poderán aprender un pouco máis dos animais do parque.
- Audiovisuais: esta dirixida ao público xeral. No salón de actos exporanse distintos documentais relacionados co mundo animal e a natureza.
- Planetario: actividade gratuita dirixida a nenos e nenas de 8 a 14 anos. Terán a oportunidade de ver como funciona o noso sistema solar, as fases da lúa, meteoritos e por suposto as estrelas.
- Celebración de aniversarios: inclúe visita guiada, obradoiro e merenda.
- Máis información no teléfono: 986 277 783 e na web de Vigozoo.
Volver ao inicio