Protección Civil

Formación

Protección civil esta constantemente en formación tanto interna (por medio de cursos, xornadas, talleres, etc.) e externa (Academia Galega de Seguridade Publica).

A preparación da persoa voluntaria:

  • O voluntariado de Protección Civil debe adquirir unha formación adecuada para desempeñar as tarefas que lle sexan encomendadas dentro do grupo operativo en que se atope adscrito.
  • Debe contar tamén coa suficiente información e coñecemento do seu plan de urxencia municipal, ademais de estar capacitado para realizar determinadas tarefas.
  • Debe coñecer os fundamentos de Protección Civil que aparecen na nosa Carta Magna, Lei de Protección e demais normativas nesta materia. Tamén debe coñecer a normativa española sobre voluntariado.

Todos as voluntarias ou voluntarios que desexen entrar en Protección Civil, deben de realizar un curso interno básico, no que se lle explica as normas deste voluntariado, e ensínaselles como realizar un servizo.

Logo de realizar o curso e pasado o período de proba, deberá realizar un curso básico de Protección Civil organizado pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), unha vez obtido devandito titulo, poderá acceder tanto internamente como polo AGASP a cursos de especialización como: incendios urbanos e forestais, accidentes na estrada, excarceración, socorrismo, primeiros auxilios, etc.

Máis información:

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100