Organización Municipal

Datos biográficos

Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE | Partido Popular | Marea | Bloque Nacionalista Galego

PSdG-PSOE Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE

foto de Abel Caballero

Abel Caballero Álvarez

Nado en Ponteareas (Pontevedra) en 1946, Abel Caballero é doutor en Economía polas Universidades de Cambridge e Santiago de Compostela. Máster en Economía pola Universidade de Essex. Catedrático de Fundamentos de Economía na Universidade de Vigo. É, ademáis, oficial da Marina Mercante.

Ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións durante o segundo e terceiro goberno de Felipe González, Abel Caballero conta tamén cunha ampla traxectoria política. De 1982 a 1997 foi deputado no Congreso, ocupando despois un escano no Parlamento Galego ata o 2001, ano no que se reincorporou á Cátedra de Economía da Universidade de Vigo.

En 2005 pasou a presidir a Autoridade Portuaria de Vigo, cargo que ostentou durante dous anos, ata ser elixido en 2007 alcalde de Vigo, posto que ocupa na actualidade. Dende 2015, Abel Caballero preside tamén a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

É, ademais, autor de varias novelas, numerosos libros e artigos publicados en revistas científicas e participou na elaboración de distintos proxectos de investigación relacionados coa economía, o transporte, as infraestruturas e o seu impacto económico en Vigo.

foto de Carmela Silva

Carmela Silva

Licenciada en Dereito e mestra de profesión. Deputada por Pontevedra no Congreso (2000-2004)(2011-2015). Senadora por Pontevedra (2008-2011). Portavoz do PSOE no Senado (2008-2011). Secretaria segunda do Congreso dos Deputados. Presidenta da Deputación de Pontevedra desde 2015.

foto de Elena Espinosa

Elena Espinosa

Foi Ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación do primeiro goberno de José Luis Rodríguez Zapatero (2004-2008) e posteriormente foi nomeada Ministra de Medio Ambiente e Medio rural e marino, cargo que ocupou ata o 20 de outubro de 2010.

Foi presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo, dende 1988 ata xullo de 1996.

Licenciada en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, é MBA en Dirección de Empresas polo Instituto de Estudios Superiores de la Empresa, IESE. Actualmente exerce funcións de adxunta á Presidencia do Grupo Rodman e Vicepresidenta dos consellos de administración de Rodman Polyships SAU y Metalships&Docks SAU. É conselleira de Renfe viajeros Sociedad Mercantil Estatal SA e vogal do pleno do Consorcio de Zona Franca de Vigo.

foto de Maria José Caride

María José Caride

Vigo, 1966. Doutora en Ciencias Económicas e Empresariais, profesora do departamento de Economía aplicada da Universidade de Vigo no campus de Ourense. Deputada no Parlamento de Galicia na VIII Lexislatura, onde foi conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes (2005-2009). Concelleira de Urbanismo dende 2015.

foto de Abel Losada

Abel Losada

(Ourense, 1964). Doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesor Titular de Historia e Institucións Económicas na Facultade de Economía e Empresa da Universidade de Vigo. Especialista en demografía e economía da poboación. Publicou diversas monografías e artigos de investigación, participando en numerosos congresos e seminarios en universidades de España e do estranxeiro.

Foi deputado no Parlamento de Galicia nas lexislaturas VII, VIII, IX e X. Entre 2010 e 2013 foi Portavoz do Grupo Parlamentario Socialista no Parlamento e entre 2016 e 2019 presidiu a Comisión de Facenda e foi portavoz de industria, enerxía e innovación. Foi director xeral do Gabinete do presidente da Xunta de Galicia entre 2008 e 2009, e concelleiro no concello de Vigo entre 2006 e 2007.

foto de Ana Mejías

Ana María Mejías

Madrid, 1968. É enxeñeira industrial pola Universidade de Vigo (1993). Doutora en Enxeñería pola Universidade de Madrid (2001).

Profesora titular da Univesidade de Vigo, dende 2003 (Organización de Empresas e Marketing). Subdirectora da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo, dende 2004 (Xestión e Organización docente). É tutora do proxecto Fórmula 1 ( vehículo monoplaza "UM17").

foto de Javier Pardo

Javier Pardo

Traballador do sindicato de CC.OO. en excedencia dende hai trinta anos, responsable de acción sindical no sector de alimentación de Comisións Obreiras de Vigo. Xefe de Gabinete de Alcaldía 2011-2015.

foto de Carlos López Font

Carlos López Font

Licenciado en Ciencias Políticas, é funcionario xefe de área da Autoridade Portuaria de Vigo. Comeza a súa vida sindical en 1982 sendo Secretario Xeral da Federación de Servizos Públicos de UXT de Pontevedra. Foi membro do Comité Nacional do PSDEG-PSOE durante 3 anos.

foto de Jaime Aneiros

Jaime Aneiros

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor europeus pola Universidade de Vigo. Profesor de Dereito Financeiro e Tributario na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo. Avogado colexiado e membro do European Register of Tax Advisers.

foto de Yolanda Aguiar

Yolanda Aguiar

Licenciada en Dereito, Licenciada en Filoloxía Inglesa, Máster Especialista en Dereitos Fundamentais, especialidade libertades informativas. Título de Directiva Pública do Instituto Nacional de Administracións Públicas.

Funcionaria de carreira do Concello de Vigo. Técnico de Administración Xeral Rama Xurídica (Grupo A1). Preside a Plataforma de ámbito nacional SOS JUSTICIA.

foto de Manel Fernandez

Manel Fernández

Exerceu a súa actividade profesional no estaleiro H.J. Barreiras. Dende moi novo estivo vinculado ao movemento sindical de CCOO do que foi secretario de Política Institucional de Galicia e secretario comarcal de Vigo.

foto de Patricia Rodriguez

Patricia Rodríguez

Vigo, 1983. Enxeñeira Técnica Forestal e Máster en Xestión Ambiental e Municipal. Actualmente, estuda Grado de Dereito e está a finalizar Curso de Alta Especialización en xestión local.

 

foto de Angel Rivas

Ángel Rivas

Foi xerente dunha empresa vinculada ao sector da construción e a minería. Foi Secretario de Organización e Acción electoral da Agrupación Local de Vigo e Vicesecretario da provincia. Milita dende 1986 no PSdeG-PSOE.

foto de Nuria Rodríguez

Nuria Rodríguez

Vigo. Autónoma, colexiada en xoiería, exerce a súa actividade profesional nun pequeno comercio que rexenta dende 1998 no Centro Comercial Coia 4. Participa activamente na política da cidade dende os 18 anos.

foto de Santos Hector

Santos Héctor Rodríguez

Inicia os seus pasos no mundo sindical no Comité de Empresa do Corte Inglés e durante 14 anos foi Secretario Comarcal da UGT Vigo. Concelleiro dende 2007. Ata 2019 foi responsable das áreas de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relacións cos sindicatos.

foto de Gorka Gómez

Gorka Gómez

Vigo, 1982. Licenciado en Ciencias da Actividade Física e Deporte pola Universidad de Vigo. Grao de Educación Primaria na Universidade Camilo José Cela. Traballa como coordinador/profesor/rehabilitador nun ximnasio da cidade.

foto de Ana Laura Iglesias

Ana Laura Iglesias

Diplomada en Turismo e traballadora na Fundación Érguete. Concelleira de Festas e Turismo entre 2015 e 2019.

 

foto de Uxia Blanco

Uxía Blanco

Licenciada en Xeografía e Historia; actriz de cine, televisión e teatro. Profesora do centro público de Educación de Persoas Adultas (EPA) en Vigo.

foto de María del Carmen Lago

María del Carmen Lago

Vigo, 1968. Secretaria administrativa de empresa. Dependenta en diferentes supermercados da cidade. Estudos superiores cursados en Arxentina.

foto de Pablo Est&ecute;vez

Pablo Estévez Rodríguez

Licenciado en Dereito pola Universidade de Málaga e avogado en exercicio desde 1999. Máster en Dereito Deportivo pola Universidade de Lleida, o novo edil do grupo socialista é especialista en materia deportiva, asistindo e representando tanto a clubs da Liga de Fútbol Profesional como a deportistas profesionais. Tamén está especializado no eido laboral, destacando a súa participación nas mesas de negociación colectiva das principais empresas do sector da automoción da provincia de Pontevedra.

Como poñente e profesor universitario, destaca a súa experiencia no Curso Superior de Dereito do Fútbol da RFEF e a Universidade Rey Juan Carlos de Madrid, o Master en Xestión Empresarial do Deporte da Universidade de Vigo, a Mestría de Xornalismo Deportivo da Escola Jacobea de México e o Curso de Alta Dirección en Empresas e Comunicación da Universidade de Anáhuac (México) e da Universidade de Vigo.

Estévez actúa como membro da Asociación Española de Dereito Deportivo e vogal da Asociación Galega de Dereito Deportivo, é secretario da Fundación Isla Couto e membro da xunta de goberno do Ilustre Colexio de Avogados de Vigo.

 

PP Partido Popular

foto de Alfonso Marnotes

José Alfonso Marnotes González

Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e Máster en Dereito das Administracións e Institución Públicas pola Universidade de Santiago de Compostela.

Funcionario do Corpo Superior de Administración da Xunta de Galicia e técnico de Administración Local.

Foi Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta de Galicia entre 2015 e 2019 e Vicesecretario Xeral da Consellería de Economía e Industria entre 2009 e 2015.

Entre 2000 e 2009 exerceu como técnico e secretario accidental do Concello de Cangas.

foto de Patricia López

Patricia López Román

Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela.

Responsable de Calidade e Educadora Familiar en Centro de Atención de Día de Cáritas dende o ano 2001. Presidenta Asociación de Mulleres en Igualdade.

foto de Carlota BartoloméTocino

Carlota Bartolomé Tocino

Licenciada en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid.

Máster Administración e Xestión (The Power Business School). Máster Universitario Formación Profesorado (UNIR). Programa Liderazgo e Xestión Pública polo IESE.

foto de Teresa Egerique

Teresa Egerique Mosquera

Doutora en xornalismo pola Universidade de San Pablo CEU. Exerceu como profesora asociada de Publicidade e RR.PP. na Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra 2007 - 2011. Foi responsable de prensa do Porto de Vigo. Colaboradora habitual en varios medios de comunicación, é autora do libro "#Pierdeelmiedo", unha guía sobre as redes sociais e os menores.

Máster en Asesoramiento de imagen y consultoría política, pola Universidade Camilo José Cela, 2015-2016. Concelleira no Concello de Vigo, dende xuño de 2011. Deputada no Parlamento de Galicia dende outubro de 2016 (X Lexislatura), sendo voceira do GPP, nas áreas de Cultura e Portos. Membro da executiva rexional do Partido Popular de Galicia e coordinadora de Cultura. Membro do Comité de Dirección do Partido Popular de Vigo.

 

marea Marea

foto de Rubén Pérez Correa

Rubén Pérez Correa

Naceu en Vigo en 1977 na parroquia de Beade, na que reside actualmente. Licenciado en Historia pola USC, e Técnico Especialista e Postgrado en Loxística e Producción. Coordinador local de EU Vigo dende 2008 e secretario de Organización de EU de Galicia. Na actualidade traballa nunha compañía de servizos informáticos de Vigo como Director de Loxística.

foto de Oriana Méndez Fuentes

Oriana Méndez Fuentes

Máster en Estudios Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura. Universidade de Santiago de Compostela. 2009.

Certificado de Aptitude Pedagóxica (CAP). Universidade de Santiago de Compostela. 2009.

Licenciatura en Filoloxía Galega. Universidade de Santiago de Compostela. 2008. Participación no programa de mobilidade ERASMUS durante o curso 2005-2006, na Universidade Paris-Sorbonne (Paris IV), en París (Francia).

Certificado de obtención do nivel de 5º curso de Alliance Française. Alliance Française de Santiago de Compostela. 2005.

Crisálida. Orientación e Intervención Pedagógica (Madrid). Clases de apoio. 2014.

Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato (Edicións Xerais). Colaboración en redacción e corrección. 2012.

Real Academia Galega (A Coruña). Lexicografía e Comunicación. 2011-2012.

Terceira Persoa Produción e Acción Cultural, S.L. Documentación e redacción para a exposición Vigo, cidade babel inaugurada o 29 de abril de 2011 no Museo Verbum (Vigo). 2011.

Academia CESCAR (Vigo). Clases de apoio. 2010-2011.

E é autora de múltiples publicacións de poesía e outros.

 

logo bng Bloque Nacionalista Galego

foto de Xabier Pérez

Xabier Pérez Igrexas

Naceu en Vigo en 1984.

Participou activamente do movemento veciñal da cidade durante case 15 anos, tanto na Asociación Veciñal Val do Fragoso como na Federación Veciñal Eduardo Chao (FAVEC), da que foi secretario.

Fixo parte activa do movemento estudantil chegando a ser secretario xeral a nivel galego dos Comités Abertos de Estudantes (organización actualmente integrada en Erguer - Estudantes da Galiza).

Comezou a participar en Galiza Nova e no Bloque Nacionalista Galego en 1999, tendo asumido diferentes responsabilidades tanto na organización xuvenil como na fronte nacionalista.

A nivel sindical fai parte da CIG, onde ten asumido diversas responsabilidades.

No eido institucional foi membro de organismos municipais do Concello de Vigo como o Consello Social da Cidade, Consello Sectorial de Transportes, Consello Social da Lingua, Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade e Consello Escolar Municipal.

No ámbito xornalístico ten desempeñado como colaborador e columnista en diversos medios de comunicación, como A Nosa Terra, Xornal de Galicia, Galicia Hoxe ou Sermos Galiza.

Profesionalmente traballa como administrativo.

 

Concello de Vigo

Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100